- Os recursos do corpus ARCA están dispoñibles para seren usados con fins docentes ou de investigación. O resto de dereitos están reservados á Universidade de Santiago de Compostela e de xeito particular os dereitos de reprodución parcial ou total e de uso ou transformación comercial.
- Os arquivos sonoros e o material gráfico foron recadados seguindo a lexislación vixente sobre protección de datos persoais.
- Recoméndase que os usuarios que utilicen o corpus para fins de docencia e investigación citen os materiais indicando o concello e o código do arquivo correspondente (exemplo: Ramirás, ARCA_M1961_32068_02).
- Nas publicacións e traballos derivados do emprego do corpus debe constar a cita do proxecto do seguinte xeito:
Sousa, Xulio (dir.). 2025-. ARCA. Corpus oral de galego rural. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. www.ilg.gal/ARCA/ [data de consulta].